Andainas-Trails-OrientaciónDeportesÚltima hora

Terceira saída do ano para o Club Peña Trevinca Barco, pola ruta de Molinaseca (León)

 

Terceira saída do ano para o Club Peña Trevinca Barco, desta volta por terras leonesas. A primeira foi a Subida a Correxais Memorial Santiago Melo, a segunda O Bolo-As Ermidas e na xornada do sábado 8 de febreiro realizaban a Ruta de Molinaseca pola marxe dereita, pasando polo Camiño de Santiago e emblemáticos lugares como as pontes de Malpaso, desfrutando de fermosas paisaxes e localidades como Riego de Ambrós ou El Acebo onde almorzaban.

 

 

Preto dunha vintena de socios desfrutaban dun “día espectacular, con frío pero unha paisaxe moi bonita, por sendeiros que pagan a pena”, aseguran dende o club, adiantando que a partir de agora terán saídas case todas as semanas, compaxinando as súas coas da liga de sendeirismo da Federación Galega de Montañismo que empezan o día 23 de febreiro en Noia.

 

 

Na vindeira fin de semana unha vintena de socios participarán nas andainas e trail na zona do Lor, en Quiroga e un dos socios, Aurelio Castro, será premiado na Gala da FGM que se celebrará o venres en Santiago, polo elevado número de andainas que fixo o ano pasado.

 

 

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button