DeportesÚltima hora

Terceira xornada de atletismo en pista Xogade, no Barco

 

Cunha numerosa participación se desenvolvía a terceira Xornada de atletismo en pista Xogade, en Calabagueiros (O Barco) para as categorías alevín, benxamín e infantil. A competición iniciábase ás 18h. co 4×60 ml, despois viñan as probas de salto de altura e de lonxitude, os lanzamentos de peso e disco, as carreiras de 60 ml, o lanzamento de xavelina, etc.

 

 

Entre os atletas participantes había atletas do Club Adas Cupa do Barco, do Atletismo Rúa, das Escolas da Rúa, do Colexio de Fátima desta mesma localidade e das Escolas Deportivas de Trives.

A proba ten sido organizada pola AD. Valdeorras coa colaboración da Delegación Valdeorresa da Federación Galega de Atletismo.

Fotos: A.R.

 

Artigos relacionados

Back to top button