OurenseÚltima hora

The Tetas´ Van, premio Clara Campoamor á igualdade de oportunidades

 

O xurado do XVIII Premio Clara Campoamor á igualdade de oportunidades, reunido na sede da Concellería de Igualdade do Concello de Ourense, acordaba por unanimidade concederlle o galardón deste ano ao grupo musical feminista The Tetas´ Van por “reunir os requisitos recollidos nas bases do premio, xa que esta formación, ademais da súa colaboración e participación nos actos realizados en relación coa igualdade de oportunidades e de trato entre mulleres e homes, parodian temas musicais con letras reivindicativas dos dereitos das mulleres e do feminismo. O grupo colleitou desde os seus inicios en 2011 un grande éxito que a día de hoxe se traduce no feito de ser un dos principias grupos feministas do panorama musical galego”, sinala.

O xurado estivo formado por Noa Rouco Ferreira, concelleira de Igualdade de Ourense; María Elena De Jesús Rodríguez, directora do Centro de Información Municipal ás Mulleres (CIMM) de Ourense; José González Outumuro, traballador social do Grupo de Orientación Familiar (GOF) e representante da Comisión de Violencia; Sofia Valentina Rodríguez Quintela, da Asociación para a Prevención e a Educación Social (APES), en representación do Consello Municipal da Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes; Francisco Gallego González, en representación do ámbito social da igualdade de oportunidades e Elena Cid Muñoz, funcionaria da Concellería de Igualdade, que actuou como secretaria.

Artigos relacionados

Back to top button