A Veiga acollerá a fin de semana do 10 e o 11 de agosto a actividade de tiro ao prato. Contaráse con 20 pratos robot e 25 premios.

O sábado será o día dos adestramentos, con horarios de 11:00 a 14:00 horas e de 16:00 a peche; mentres que o domingo será o turno da tirada, de 11:00 a 13:30 horas e de 15:30 a peche. Dende a organización recordan que non se farán responsables de “accidentes ocasionados por descuido ou neglixencia de tiradores ou público”.
Os premios dos adestramentos serán un xamón e unha medalla para o primeiro clasificado; unha paletilla e unha botella de viño para o segundo; un coitelo para o terceiro e o cuarto; e unha botella de viño para o quinto e o sexto.
Pola súa banda, os premio da tirada serán un xamón, un reloxo smartwatch e un trofeo para o primeiro clasificado; un xamón, un xamoneiro e un trofeo para o segundo; e un xamón, un lote de viño e un trofeo para o terceiro. Ademais, repartiranse a maiores dous xamóns, tres paletillas, un xamoneiro, unha botella de whisky, dous lotes de embutidos, cinco lotes de viño e dous sacos de pienso.
Fotos: cedidas