Mañá, domingo 24 de outubro é o Día das Bibliotecas; e o 31 de outubro celébrase o Samaín. Dúas datas que na Biblioteca Florencio Delgado Gurriarán do Barco conmemoran de forma conxunta cunha ampla oferta de libros, contos e incluso filmes.
Especialmente adicada ao Samaín está a sección de terror, cunha boa cantidade de títulos tanto infantís como para adultos, bandas deseñadas e novelas para elixir. A oferta inclúe tamén unha selección de filmes, con títulos tan coñecidos como El Silencio de los Corderos ou Déjame Salir e tamén clásicos.

E xa entre as últimas novidades, practicamente recén saídas da imprenta, a bibllioteca presenta obras de temática moi variada como Diferente de Eloy Moreno, Astillas en la Piel de César Pérez Gellida ou Trans de Selena Milán.