A mediados deste mes de setembro Abertal comezará o novo curso de gaita, acordeón, baile, percusión, pandeireta e canto, na Casa da Cultura da Rúa. O mesmo lugar no que na tarde do venres día 13 celebraban a primeira xornada de portas abertas para dar a coñecer e probar as distintas disciplinas.
Así, un grupo de cativos e tamén adultos atendían as explicacións do profesor Manuel Cobas, tanto de pandeireta como de baile. O venres 20 de setembro haberá outra xornada centrada na gaita e percusión nos mesmos horarios, de 18 a 19 horas os nenos e de 20 a 21 horas os adultos.
Fotos e vídeos cedidos.