CulturaCulturaÚltima hora

Todo listo para o III Festival RIR de Allariz

O evento terá lugar entre os días 2 e 6 de setembro

Imaxe da presentación do festival. / Foto: cedida.

 

A terceira edición do Festival RIR de Allariz terá lugar entre os días 2 e 6 de setembro, consolidándose xa  como unha actividade de referencia na vila alaricá. Durante a súa celebración, os espectadores poderán desfrutar de 42 curtametraxes de animación e ficción de humor procedentes de diferentes países así como doutras actividades paralelas como espectáculos infantís, cinema ao aire libre e música. Este ano o festival honra á figura do actor estadounidense Harold Lloyd. Os emprazamentos escollidos son a Casa da Cultura, a Fundación Vicente Risco, o Espazo BenComún, o Campo dos Brancos e a Praza do Matadoiro.

O festival está organizado por Zinemusik e Escena Sonora en colaboración co Concello de Allariz e a Deputación de Ourense. A dirección (Óscar Doviso como director e Jose Freiría como co-director) quixo desacar que o evento cumprirá con todos os protocolos hixiénico sanitarios e o aforo das actividades estará limitado para evitar aglomeracións. Tamén afirman que o equipo estará á disposición de todas aquelas persoas que decidan asistir para solucionar calquera tipo de dúbida. O programa completo pódese consultar na páxina web e nas redes sociais do Festival RIR: http://festivalrir.com.

 

Cartel do festival. / Foto: cedida.

Artigos relacionados

Back to top button