OurenseÚltima hora

Tonho Ferreiro e Rubén Vilanova expoñen no Centro Cultural Marcos Valcárcel

A mostra conxunta do pintor e do fotógrafo enmárcase dentro da programación do Outono Fotográfico
Rubén Vilanova, Tonho Ferreiro, Rosendo Fernández, Xosé Lois Vázquez e Francisco González, na exposición.
Rubén Vilanova, Tonho Ferreiro, Rosendo Fernández, Xosé Lois Vázquez e Francisco González, na exposición.

O Centro Cultural Marcos Valcárcel da Deputación de Ourense acolle unha nova exposición dentro do 34º Outono Fotográfico: “A Man Verde”, un traballo conxunto do pintor, Tonho Ferreiro e do fotógrafo, Rubén Vilanova.

Segundo Rubén Vilanova, a obra xira en torno a varios conceptos, entre eles a infancia e a memoria. “Trátase dunha mostra que toma como punto de partida os recordos da infancia, que en moitos casos son espazos comúns a todos”, di o fotógrafo, salientando o carácter suxestivo da exposición “hai que deixarse levar por ela e non afondar no que esconde”. Nesa mesma liña, o pintor Tonho Ferreiro asegura que a obra “trata de evocar e de suxerir, eses lugares da infancia que nós queremos mostrar”.

Na mostra recréanse lembranzas tan concretas e puntuais como son “os primeiros pasos”, “a mesma pedra”, “xogos prohibidos”, “a morada de verán”, entre outros recordos que farán viaxar ata a infancia a todos aqueles que se acheguen ao Centro Cultural.

Artigos relacionados

Back to top button