CD BarcoDeportesFútbolÚltima hora

Toque de humor no cartel do partido entre o CD Barco e o Juvenil Ponteareas

Será mañá, domingo 19 de xaneiro ás 17 horas, no campo municipal de Calabagueiros

Afección do Barco en Calabagueiros./ Foto: O SIL.

 

Unha vez rematada a primeira volta en Preferente Futgal, o CD Barco volve xogar en casa. Será mañá, domingo 19 de xaneiro ás 17 horas contra a SD Juvenil Ponteareas, no pavillón municipal de Calabagueiros.

Trátase da xornada 18 que se disputa en plena semana da Festa do Botelo polo que dende o club barquense quixeron aproveitar a cita e poñer un toque de humor no cartel anunciador do partido.

 

 

Os rapaces de Lino Estévez chegan a este partido, que suporá o inicio da segunda volta, no terceiro posto da clasificación con 33 puntos tralo empate a tres na anterior xornada, disputada tamén en Calabagueiros, contra o Atlántida Matamá. O Juvenil pola súa banda está no posto 11º con 23 puntos trala derrota 1-0 no campo do filial do Pontevedra.

Artigos relacionados

Back to top button