CD BarcoDeportesÚltima hora

Torneo de fútbol 7 e campus de verán, a dobre oferta deportiva do CD Barco para as categorías base

O 'Valdeorras Perullo Cup 2022' celebrarase do 13 ao 19 de xuño no Campiño de Viloira, o mesmo campo que acollerá o campamento dende finais de xullo ata mediados de xullo

Presentación do torneo e do campus do CD Barco./ Foto: Mónica G. Bellver.

 

Aínda que o tempo de competición xa rematou, a actividade deportiva continúa na tempada estival especialmente centrada nos máis pequenos. Así o entenden no Centro de Deportes Barco que vén de presentar as súas propostas para que os pequenos da casa teñan un espazo para xogar, entreterese e tamén aprender nos vindeiros meses.

Por un lado está o Torneo de Fútbol 7 ‘Valdeorras Perullo Cup 2022’ que retoman este ano tralo parón pola pandemia e que se celebrará do 13 ao 19 de xuño no Campiño de Viloira. E por outro, unha nova edición do Campus de Fútbol de Verán CD Barco  que regresa dende finais de xuño ata mediados de xullo na mesma ubicación.

 

 

A presentación de ámbolos dous eventos deportivos tiña lugar no mediodía deste martes 31 de maio, no salón de actos do Concello do Barco de Valdeorras, por parte do presidente do Club Nilo Ramos, acompañado por dous membros do club como coordinadores dos eventos, Agustín Rellán e Juan Carlos Vilar, así como polo concelleiro de Deportes do Barco Aurentino Alonso.

Con respecto ao torneo de fútbol 7, o presidente do club asegura que volven con moita forza e a falta dunha semana xa hai 26 equipos apuntados de Vigo, Santiago, Ourense,… “Na última edición tiveramos 38 equipos e este ano intentaremos aproximarnos a esa cifra aínda que despois de dous anos parados non é doado reinicialo”. Con todo, este torneo ten como aliciente que no se trata de clubs senón que os equipos están formados por amigos, xente afín co obxectivo de pasalo ben. “É como un torneo de rúa, case como unha actividade de fin de curso e o que queremos é que veñan moitos nenos e a familia e que desfruten da fin de semana”, dixo Nilo, recoñecendo que canto máis pequenos son xos xogadores “máis ilusión xera”.

 

O presidente do CD Barco, Nilo Ramos, na presentación./ Foto: Mónica G. Bellver.

 

No que atinxe ao campus, continuarán co novo formato que o ano pasado tivo moi bo acollida con case 250 nenos inscritos ao longo de tres semanas: do 27 de xuño ao 1 de xullo, do 4 ao 8 de xullo e do 18 ao 22 de xullo con prezos moi populares “para que os nenos teñan un sitio onde ir e pensamos que vai gustar e antes de sacalo xa había máis de 20 inscritos”.

O concelleiro de Deportes pola súa banda, aproveitou a ocasión para felicitar unha vez máis ao CD Barco pola “gran tempada que fixo e a ilusión que xerou”, dixo Aurentino engadindo que seguramente o 2023 “será o ano do CD Barco”. Tamén felicitou ao club e máis concretamente á directiva e socios activos “por este tipo de actividades dirixida aos nenos do deporte base que é o que realmente non interesa que se promociones con intensidade”.

 

Artigos relacionados

Back to top button