OurenseÚltima hora

Touriñán, Carlos Blanco, David Amor, Pepo Suevos e Lucía Veiga chegan a Ourense con ‘Comicamente’

A actuación será na explanada do Auditorio Municipal con dous pases, un ás 19 e outro ás 22 horas

José A. Touriñán nunha actuación.

 

O novo ciclo Comicamente chega este domingo, 5 de setembro, a Ourense con Xosé A. Touriñán, Carlos Blanco, David Amor, Pepo Suevos e Lucía Veiga e a música en directo do dj Toccororo. A explanada do Auditorio Municipal acollerá dous pases das actuacións, un ás 19 e outro ás 22 horas. Quedan entradas dispoñibles para o primeiro deles a través das webs comicamente.gal e de ataquilla.com.

Co obxectivo é levar o humor galego a 12 concellos da Comunidade ata mediados de setembro, Carlos Blanco, Xosé A. Touriñán, Luis Piedrahita, xunto a Lucía Veiga, lideran o ciclo, que conta coa participación doutros referentes do humor galego, como David Amor, Oswaldo Digón, Marta Doviro, Marita Martínez, Carmen Méndez, David Perdomo, Celso Sanmartín, Ledicia Sola e Pepo Suevos.

 

 

Comicamente arrincou a finais de xullo no Carballiño e ademais de Ourense, inclúe no seu percorrido Vilargarcía de Arousa, Sanxenxo, Lugo, Mondoñedo, Ferrol, Nigrán, Pontevedra, A Coruña, Santiago e Lalín. Todos os espectáculos serán en emprazamentos ao aire libre e cunhas moi coidadas postas en escena.

Así, a vindeira fin de semana será o peche do programa, con funcións en Pontevedra, onde estarán Xosé A. Touriñán, Carlos Blanco, David Amor e Lucía Veiga o venres, e en Lalín, con Xosé A. Touriñán, Carlos Blanco, Celso Sanmartín e Lucía Veiga o domingo.

Artigos relacionados

Back to top button