ConcellosO BarcoÚltima hora

Traballos de asfaltado na estrada entre Vilanova e Forcadela, no municipio do Barco

 

Continúan os traballos de asfaltado no Barco de Valdeorras. Na xornada do xoves 21 de marzo comezaban os da estrada entre Vilanova e Forcadela, incluídos no proxecto elaborado polo Concello para o “arranxo de diferentes viais no municipio, e que tamén inclúe a renovación do firme da estrada entre Vales e Cesures, así como de rúas en Xagoaza”, cun orzamento previsto de 185.700 euros.

Unha vez rematado o asfaltado da primeira estrada, continuarase por Xagoaza, para logo, “se o tempo o permite e non chove, seguir coas obras na estrada de Vales a Cesures”, indican dende o Concello.

Ao mesmo tempo, desde hai uns días estase a realizar o pintado das rúas que se asfaltaron durante as últimas semanas no casco urbano do Barco, cun orzamento de 216.000 euros en total.

 

Artigos relacionados

Back to top button