Con motivo do V Concurso de Nadal convocado pola ANPA do Colexio Plurilingüe Divina Pastora do Barco, no Periódico O SIL publicamos os traballos galardoados no mesmo. Así, o certame está dividido en tres partes. En primaria, 1º, 2º e 3º fixeron unha poesía coa axuda dos seus profesores, e 4º, 5º e 6º escribiron lendas dedicadas ao Nadal.
Os traballos que lograban mencións no concurso de primaria son que se publican a continuación. Mañá publicarase o relato ganador desta edición.
A barriga de Ramón
Ramón era un rapaz moi mal comedor, se a súa nai lle ponía no prato macarróns, el quería caldo, se lle ponía caldo, el quería ovos con patacas, se lle ponía ovos con patacas, el quería xurelos e aos final non comía nada.
Faltaban dous días para noiteboa e a súa nai avisouno de que o Apalpabarrigas baixaría aquela noite do monte para visitar a todos os nenos do pobo para comprobar que encheran ben o bandullo esa noite, e así poder deixarlles un agasallo.
Esa noite, Ramón solo puido pensar no Apalpabarrigas e no que lle contaría a súa nai, pensouno ben e decidiu que ía comer todo o que lle puxeran no prato.
Chegou a cea de Noiteboa e a nai de Ramón puxo enriba da mesa un pavo asado recheo de mazás e uvas pasas. Cando o neno viu aquello, armouse de valor e púxose a comer. Saboreaba e saboreaba, e cada vez gustáballe máis, e a súa nai, toda contenta, non paraba de botarlle no prato.
Cando Ramón rematou de cear, deuse conta de que a súa barriga estaba redonda coma un melón, despois foi lavar os dentes e marchou durmir.
Pasaron as horas e moi silencioso chegou o Apalpabarrigas ao seu cuarto, despaciño apalpoulle a barriga e viu que estaba chea e díxolle “Así, así esté todo o ano” e deixoulle enriba da cama unha presa de castañas e un montón de agasallos.
Autora: Irene Arias.

