ConcellosO BarcoÚltima hora

Trasladada unha muller no Barco por un posible escape de gas no seu domicilio

 

O persoal de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladaba na tarde de onte, sábado 4 de febreiro, a unha muller que sufriu unha caída tras sentirse indisposta na súa casa do Barco, tal e como informa o 112 Galicia, que indica ademais que os feitos ocorreron na rúa Manuel Valcarce da citada vila, minutos antes das 19 horas.

“Unha vez evacuada a persoa afectada, os servizos sanitarios apuntaron ao 112 a posibilidade de que se tivese producido unha fuga de gas. Entón, os xestores do 112 Galicia informaron á Garda Civil e aos Bombeiros, ao GES Valdeorras, á Policía Local e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Valdeorras, así coma a empresa subministradora do butano”, tal e como informa o 112 Galicia.

Os Bombeiros do parque comarcal realizaron as “medicións correspondentes, que deron negativas. Sen embargo, a casa xa fora ventilada e a bombona retirada previamente e, polo tanto, solicitaron unha revisión aos técnicos subministradores do butano para garantir o correcto funcionamento da instalación”, citando novamente ao 112 Galicia.

Artigos relacionados

Back to top button