SanidadeÚltima hora

Trasladados a Piñor outros oito usuarios da residencia de maiores

A provincia rexistra 433 casos activos de coronavirus entre usuarios e traballadores das residencias da terceira idade

Imaxe do Hospital de Piñor./ Foto cedida.

 

Na tardiña de onte, luns 13 de abril, eran trasladados ao Hospital de Piñor outros oito usuarios da residencia da terceira idade Nosa Señora de Fátima do Barco.

Con este novo traslado, son xa dez os maiores positivos por coronavirus deste centro barquense que se encontran en Piñor, logo da intervención da residencia valdeorresa por parte da Xunta de Galicia o sábado 11 de abril.

Un total de 433 casos activos nas residencias da provincia

Segundo os últimos datos facilitados pola Consellería de Sanidade, nas residencias da terceira idade da provincia de Ourense rexístranse 433 casos activos de coronavirus, 311 entre usuarios e 122 entre os seus traballadores.

No caso dos usuarios infectados por COVID-19 os datos por residencias da provincia son os seguintes: 61 en Ntra. Sra. de Fátima (O Barco de Valdeorras), 14 na Res. Castro Caldelas, 21 en San Carlos (Celanova), 1 na Res. Chandrexa, 1 na Res. Avoíños (Coles), 1 na Res. Quercus (Leiro), 1 na Res. Val Monterrei, 1 na Res. Nogueira, 1 na Res. S. Martiño (Nogueira), 35 na Res. S. José Hermanitas, 101 en Ntra. Sra. de La Esperanza, San Rosendo (Ourense); 38 na Res. Divino Maestro, San Rosendo (Ourense); 29 na Res. Galisenior (Ourense), 1 na Res. DomusVi Ourense, 1 na Res. Sta. Marta (Ourense); 1 na Res. DomusVi Pereiro (Pereiro de Aguiar), 1 na Residencia Os Gozos (Pereiro de Aguiar), 1 na Res. Ramirás (Ramirás) e 1 na Res. Monte Barrio (Riós).

No que se refire aos traballadores positivos en coronavirus nas residencias ourensás, a situación é a seguinte por centro: 1 na Residencia Alvetus (Avión), 2 na Res.DomusVi Barbadás, 18 en Nosa Señora de Fátima (O Barco), 9 na Res. Castro Caldelas, 15 na San Carlos (Celanova), 11 na Res. San José, Hermanitas (Ourense), 35 en Ntra. Sra. de La Esperanza, San Rosendo (Ourense); 19 na Res. Divino Maestro, San Rosendo (Ourense); 7 na Residencia Galisénior (Ourense), 4 na Residencia Os Gozos (Pereiro de Aguiar) e 1 na Residencia Maiores A Porqueira.

 

Artigos relacionados

Back to top button