CulturaCulturaÚltima hora

A través dun coloquio presentarase en Barcelona o libro “Ética del desorden”

O acto, no que estará o seu autor, Ignacio Castro Rey, acompañado por Daniel Inglada, Oriol Leira e Stefano Puddu, terá lugar o 15 de marzo en Barcelona
Portada do libro escrito polo filósofo galego Ignacio Castro Rey.

Non será unha presentación clásica, como xa vén sendo habitual en Ignacio Castro Rey. A través dun coloquio, no que estará acompañado por Daniel Inglada, Oriol Leira e Stefano Puddu, este filósofo galego achegará o seu último libro, “Etica del desorden. Pánico y sentido en el curso del siglo” (Pre-Textos, 2017)” ao público catalán.

Este coloquio está previsto para o vindeiro día 15 de marzo ás 19:30h. no teatro La Gleva de Barcelona. O primeiro en tomar a palabra será Ignacio Castro, quen exporá o esquema deste volume de 450 páxinas e, seguidamente, intentará contestar ás preguntas e obxecións que lle plantexarán Daniel Inglada, Oriol Leira e Stefano Puddu.

“Ética del desorden” constitúe, en palabras de Ignacio Castro Rey, “un tratado que se dedica a pensar a importancia existencial, ética e política do non elixido por nós, que sen embargo alenta o centro”.

Artigos relacionados

Back to top button