CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

Tres alumnos da “Escola de Idiomas” da Rúa reciben os diplomas que certifican o nivel acadado

Este é o terceiro curso con clases de inglés na Casa da Cultura xestionadas por get brit!
O alcalde da Rúa e o representante de get brit! cos alumnos que recibiron o diploma.

Paula Moreira Rodríguez, Laura Vega Rodríguez e Jorge Saa González recibían na tarde do 7 de novembro, os diplomas que certifican oficialmente o nivel conseguido na “Escola de Idiomas” da Rúa. Conseguían os certificados despois de ter aprobado o exame oficial de inglés correspondente ao nivel B1 do Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas.

Os diplomas eran entregados polo alcalde da Rúa, Luis Fernández Gudiña e por Rodrigo Velasco Magadán, representante de get brit! empresa que xestiona a escola dende a súa apertura hai tres anos. Actualmente hai nove grupos de alumnos con idades dende os 3 anos ata adultos que acuden ás clases dúas veces por semana na Casa da Cultura.

Máis información sobre a escola no teléfono: 987 03 16 56 ou no correo electrónico: centros@getbrit.es.

 

Artigos relacionados

Back to top button