OurenseÚltima hora

Tres detidos por tráfico de drogas na cidade de Ourense

 

A Policía Nacional detén a tres individuos, presuntos autores dun delito contra a saúde pública en Ourense. Tal como contan dende a Policía en Ourense, os detidos facían uso da súa vivenda, situada nun barrio residencial da cidade, para vender substancias estupefacientes e facilitar o consumo no interior, tendo habilitadas varias estancias a tal fin. Os detidos instaláronse nunha casa dun barrio residencial ourensán. “Por mor da súa chegada á zona, empezouse a notar unha continua trasfega de consumidores que entraban e saían da vivenda nun goteo constante e ao longo de todo o día”, explica dende a Policía Nacional, que ao ter coñecemento destes feitos inicia unha investigación que se enmarca dentro da operación “CAVERNA”.

“A través das primeiras actuacións operativas realizadas sobre a contorna do domicilio obtivéronse indicios que apuntaban a un presunto delito de tráfico de drogas. Segundo as pescudas, tratábase dun “Clan Familiar” perfectamente estruturado que se dedicaba polo miúdo de substancias estupefacientes, principalmente cocaína e heroína”.

Como resultado das investigacións, na madrugada do día 27 de xullo tiña lugar a entrada e rexistro domiciliario nunha operación na que colaboraron diversas unidades policiais da Xefatura Superior de Policía de Galicia. “No rexistro lógrase incautar diñeiro en efectivo, así como preto de cen gramos de cocaína en roca, varios gramos de haxix, plantas de marihuana, diversos machetes e armas brancas e outros obxectos”, explican dende a Policía que “con toda a información solicitada pola Brigada Provincial de Policía Xudicial da Comisaría de Ourense, procedía á detención de tres persoas, por un delito de tráfico de drogas, as cales tras comparecer en dependencias policiais, foron postas ao dispor Xudicial”.

Artigos relacionados

Back to top button