ConcellosSan Xoán de RíoÚltima hora

Tres días de loito oficial en Río polo falecemento do seu concelleiro Gabino Yáñez

 

Neste 25 de xaneiro falecía Gabino Yáñez Pérez, edil do Concello de San Xoán de Río. “O Concello e os veciños e veciñas de San Xoán de Río queren amosar a súa dor e, ao mesmo tempo, o seu agarimo e respecto ao seu concelleiro e á súa familia”, sinala o alcalde do municipio, Xosé Miguel Pérez Blecua, nun decreto no que tamén se declaran “tres días de loito oficial no municipio, dende as 00h. do día 26 de xaneiro ata as 24h. do 28 de xaneiro de 2023, durante os cales as bandeiras situadas no exterior de todos os edificios municipais, ondearán a medio mastro como sinal de loito”.

Ademais o Concello de Río suspende todos os actos públicos oficiais durante o tempo decretado como loito oficial e amosa as súas condolencias á familia do edil falecido.

Artigos relacionados

Back to top button