Destacada actuacións dos atletas do Club Adas Cupa do Barco no campionato galego de lanzamentos longos nas categorías de menores e máster. Así, o pasado sábado, o martelista veterano José Manuel Almudi facíase co ouro na categoría M80 .
Na seguinte xornada da competición, a do domingo, xa nas categorías menores o club valdeorrés sumaba outros dous metais. En Sub18, Alicia Soto conquistaba o bronce no lanzamento de xavelina, mentres que a martelista Martina Cid ganaba tamén outro bronce en Sub16.
Menos sorte tivo tamén na disciplina de xavelina Lucía Fidalgo “que tivo que loitar contra as inclemencias do tempo e non puido dar todo o que ela podería”, matizan dende o Club Adas.
Fotos: Club Adas.