OurenseÚltima hora

Tres novas vivendas de promoción pública, entregadas hoxe no casco histórico de Ourense

O delegado territorial da Xunta, Gabriel Alén, entregou as chaves aos novos adxudicatarios, que poden facer uso dos pisos de inmediato

 

Na mañá deste martes 6 de abril, o delegado da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, entregaba no casco histórico da cidade as tres novas vivendas de promoción pública, que foron rehabilitadas polo Instituto Galego de Vivenda e Solo e nas que a Administración autonómica investiu preto de medio millón de euros e que foron obxecto de cesión gratuíta outorgada polo Concello de Ourense o día 27 de decembro de 2017 e están situadas nos números 3 e 5 da rúa Vilar.

No acto de etrega das chaves aos adxudicatarios, Alén explicou que as persoas beneficiarias xa poden facer uso das vivendas de inmediato. O inmoble número 3, ten unha superficie útil de 89,30 metros cadrados. A súa distribución consta de vestíbulo na planta baixa co seu correspondente rocho, e un lavadoiro-tendedeira. No primeiro andar alberga un distribuidor, un aseo e cociña con salón-comedor; e no segundo dispón dun distribuidor, un cuarto de baño e dous dormitorios.

O número 5 da rúa Vilar, pola súa banda, conforma dúas vivendas: a vivenda A, situada na primeira planta dunha superficie útil de 50,65 metros cadrados, consta de vestíbulo, cociña, salón-comedor baño e un dormitorio; e a vivenda B, que ocupa a segunda planta e baixo cuberta, cunha superficie útil de 98,78 metros cadrados, dispón de tres dormitorios e un baño, e o ático dispón dun aseo, salón-estar, cociña e terraza, rocho e lavadoiro-tendedeira.

As dúas vivendas teñen vinculada a súa correspondente praza de garaxe.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button