Dende o xoves co Encontro de Pinchadiscos e ata mañá co día festivo local, A Rúa vive as festas de verán por todo o alto.
Despois do pasarrúas da charanga Caliqueños, da 5ª Milla Urbana e do III Triangular de veteranos de fútbol, na noite e madrugada do sábado 4 de agosto tocáballe o turno á orquestre Galilea que xuntou a numerosa xente na praza da Estación, especialmente na sesión verbena.
Hoxe, domingo 5 de agosto, pola mañá actuou a Banda de Noia e pola tarde, será a quenda para a orquestra La Fórmula que sen dúbida fará bailar aos asistentes, especialmente aos rueses que mañá non terán que madrugar.
O broche ás festas de verán 2018 porano mañá, luns día 6, a actuación da charanga Europa, o parque de inchábeis no Aguillón a partires das 17h. e o baile en sesión de tarde e verbena amenizado pola orquestra New York.
Fotos: Carlos G. Hervella.