OurenseÚltima hora

Tres persoas feridas nun accidente de tráfico en Xinzo de Limia

 

 

Na tarde deste sábado 6 de abril producíase unha saída de vía no municipio de Xinzo de Limia que deixaba tres persoas feridas. “O coche no que viaxaban bateu contra un muro logo de colidir contra outro vehículo”, explican dende o 112 Galicia destacando que era un particular que chamaba pouco despois das 14:30 horas para informar do accidente. Segundo comentou o alertador, “o vehículo sufriu unha saída de vía e podía haber feridos”.

Con esta información o 112 Galicia alertado do suceso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Xinzo, á Policía Local e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Xinzo.

Aínda que non era necesario empregar o material de excarceración ao non haber ningunha persoa atrapada, os bombeiros desprazáronse ata o lugar do accidente despois de que Protección Civil informara de que “o turismo que sufrira a saída de vía estaba botando fume e houbese restos do accidente pola estrada”. Despois de finalizar a limpeza da vía, explicaron que o coche accidentado “colidira contra outro que estaba entrando nun garaxe, o que provocou que se desviase contra un muro e sufrise bastantes danos”.

“Os tres feridos, todos pasaxeiros do turismo máis afectado, tiveron que ser trasladados polos profesionais Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 ata o hospital de referencia”, indican dende o 112, asegurando que “non houbo que lamentar danos persoais no outro vehículo”.

Artigos relacionados

Back to top button