ConcellosEn portadaÚltima hora

Tres semáforos por obras na N-536, entre O Barco e Puente de Domingo Flórez

 

Os condutores que na mañá deste mércores 23 de novembro utilizaban a estrada N-536 entre O Barco de Valdeorras e o Puente de Domingo Flórez, xa na provincia de León, atopábanse con ata tres semáforos de conservación de estradas.

O primeiro na localidade de Coedo, no termo municipal do Barco, xunto á pasarela peonil; o segundo en Sobradelo, no concello de Carballeda de Valdeorras (este está activo día e noite); e o terceiro chegando xa ao Puente, pouco antes do cambio de provincia.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button