Será, segundo os expertos, o eclipse luar total máis longo do século (1 hora e 43 minutos). A perfecta aliñación de lúa, terra e sol, permitirá que, ademais de que a lúa sexa eclipsada, se volva vermella, creando unha imaxe realmente espectacular. Tendo en conta este fenómeno astronómico, que se producirá a finais deste mes de xullo, a Asociación de Hostalería e Turismo de Trevinca (Trevihost) organizará unha nova “experiencia Starlight” para desfrutar do ceo da Veiga entre os días 28 e 30 deste mes.
Na noite do 28 de xullo ás 23h. está prevista unha actividade organizada polo Destino Turístico Starlight Trevinca (Concello de A Veiga), que inclúe observación do eclipse de lúa vermella con guía Starlight de Trevinca Skies.
Para a xornada do 29 de xullo, ademais de propostas deportivas (como un paseo en kaiak polo encoro de Prada), está previsto un café nocturno co título “Todo o ceo nunha taza de café“. Será unha observación nocturna con intervención de monitores turístistos Starlight de Trevinca, xerentes dos establecementos asociados.
Para máis información e reservas poden visitarse as páxinas web:
https://www.celtiatravel.com
http://www.trevihost.com