ConcellosTrivesÚltima hora

Trives abrirá esta tarde o Nadal cun festival de luz e son na praza do Concello

A partir das 19:30 horas haberá faroliños voadores, un videomapping e a actuación en directo de Fátima Pego e DJ Sonic

Fátima Pego cantará unha panxoliña en Trives.

 

O Concello da Pobra de Trives inicia o Nadal esta tarde ás 19:30 na praza do Concello cun multifestival solidario ao que anima a todo o mundo a acudir. Todas as actividades serán realizadas físicamente na praza, máis a xente que non poida asistir fisicamente poderá seguir en directo a través de internet ese momento tan especial.

A presentadora da TVG Lucía Rodríguez será a encargada de anunciar as actividades deste evento solidario que pretende recoller alimentos para a xente que máis o necesita na zona. Faroliños, videomapping e música en directo son as 3 principais actividades que se desenvolverán nunha tarde de moitas sorpresas.

Coa entrega de alimentos ou productos non perecedeiros os asistentes recibirán un faroliño, que cada un encenderá e pedirá os seus desexos enchendo o ceo de Trives de luz e ilusión. Os produtos irán destinados ás familias que máis o precisen coa supervisión dos servizos sociais municipais.

 

 

O son do evento correrá a cargo da actuación en directo de Fátima Pego (Cantante da Panorama) e Dj Sonic, co videomapping sobre a fachada do Concello aproveitando as novas tecnoloxías para proxectar unha espectacular felicitación de Nadal con son e movemento para todos os presentes.

“Cunha presentadora de luxo daremos a benvida ao nadal sen esquecer a solidaridade e o fin social e de irmandade para entre todos colaborar cos que menos teñen facéndolles chegar o sentir da solidariedade de todo un pobo unido. Que non cho conten, este venres todos a praza do concello de Trives”, convidan dende o Concello.

Artigos relacionados

Back to top button