ConcellosTrivesÚltima hora

Trives adapta a sinalización de tráfico á nova normativa

 

O Concello da Pobra de Trives está a adaptar a sinalización á nova normativa do Real Decreto 970/2020, de 10 de novembro, que introduce diversas novidades no regulamento do tráfico urbano e que entraba en vigor o 11 de maio.

“Seis meses foi o prazo dado para cumprir coa obriga de mudar a antiga sinalización segundo a nova norma recentemente aprobada e neste Concello xa procedimos a cumprir con dito mandato que remataremos nos vindeiros días”, aseguran dende o grupo de goberno municipal.

De este xeito, destacan “Trives será un dos primeiros concellos en dar cumprimento a esta norma. Ademais procedeuse a colocar novas sinais de poboacions que estaban en mal estado”, sinalan dende o Concello da Pobra de Trives.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button