
A Corporación da Proba de Trives aprobaba no seu último pleno por unanimidade a adhesión deste Concello á Rede de entidades locais para a Axenda 2030, motivo polo cal vén de emitir unha declaración institucional dirixida á cidadanía.
Esta rede foi creada pola Federación Española de Municipios e Provincia (FEMP) co fin de desenvolver os obxectivos de desenvolvemento sostible (ODS) da axenda 2030, “renovando e reforzando deste xeito o compromiso de implementar os ODS dende o ámbito local”.
O Concello de Trives considera esta adhesión “un importante paso para o noso Concello. Un compromiso firme para continuar avanzando na senda da modernidade e as políticas feitas dende a sensibilidade”.
O bándo íntegro pode lerse a continuación.