ConcellosTrivesÚltima hora

Trives avanza na instalación da rede wifi municipal gratuíta

A primeira fase, que se completará entre abril e maio, arrancará na rúa San Martín e Praza do Reloxo para continuar no resto do núcleo urbano

 

A instalación da rede wifi municipal gratuíta avanzará na Pobra de Trives esta primavera. Así o aseguran dende o grupo de goberno municipal, indicando que “actualmente se están a ultimar os traballos para a súa posta en marcha en diferentes puntos do concello e a previsión do executivo local es que estea lista entre abril e maio. Nunha primeira fase, esta instalación abarcará a rúa San Martín e la praza do Reloxo, se ben ampliarase a todo o casco vello, a zona do Auditorio con cobertura no Toural e ás zonas comerciais para estenderse a todo o núcleo urbano”, adianta.

Estes traballos para a instalación e a implementación da rede wifi municipal gratuíta sufrángase con cargo aos fondos Next Generation, unha vez que o executivo local solicitou as axudas e estas foron conseguidas para avanzar neste proxecto moi agardado polos veciños e veciñas.

Tal e como explicou a alcaldesa de Trives, Patricia Domínguez, a instalación da rede wifi municipal gratuíta “supón un paso decisivo no proxecto de municipio intelixente e conectado, ao mesmo tempo que incide na aposta municipal pola modernización, o servizo público e a reactivación económica, toda vez que pretende dar cobertura ao maior número posible de comercios do municipio, así como aos lugares máis transitados”.

Artigos relacionados

Back to top button