ConcellosGalerías de fotosTrivesÚltima hora

Trives celebra a tradición do Magosto co Grupo Assia como sobremesa

 

Multitude de persoas concentrábanse na tardiña do 5 de novembro na rúa San Martín de Trives para desfrutar da tradición do Magosto.

 

 

No decurso da celebración, organizada polo Concello, os asistentes podían degustar, tras unha entrada de 2 euros, saborosas castañas asadas, acompañadas de panceta ou chourizo (a elixir), dunha porción de bica e por viño ou auga. Todo isto entregábase en packs individuais elaborados con materiais reciclables.

 

 

E tras a parte gastronómica da festa, viña a musical, na que os asistentes bailaban ao son do Grupo Assia.

Fotos: Carlos G. Hervella.

 

Artigos relacionados

Back to top button