Tras máis de quince días de actividades para toda a familia, na tarde deste xoves 5 de xaneiro chegaba o momento máis esperado do ano polos cativos que servía tamán para pechar as festas de Nadal e que na Pobra de Trives foi moi especial.
En torno ás seis da tarde e tal como estaba previsto, Os Reis Magos de Oriente chegaban ás terras de Trives repartindo moita maxia; dende a posta en escea da cabalgata con bailes incluídos polas rúas, ata as conversas privadas cos cativos de Melchor, Gaspar, Baltasar e os seus paxes.
Todo un espectáculo como o mellor broche festivo e máxico para os máis pequenos.
Fotos: Carlos G. Hervella.