En portadaÚltima hora

Trives e Río logran unha axuda de 86.290,60 € para un servizo de conciliación

O alumnado do CEIP Bermúdez Couso poderá optar, tras o horario lectivo, a un amplo abano de actividades

Fachada do CEIP Plurilingüe Manuel Bermúdez Couso, da Pobra de Trives.

 

Os concellos da Pobra de Trives e San Xoán de Río, “conscientes da necesidade de conciliación da vida laboral e familiar de moitas familias, así como da necesidade de dotar dunha ampla oferta formativa e tamén de lecer para nos nenos”, presentaban un proxecto no que estiveron a traballar conxuntamente para dar resposta a estas carencias. Froito de este traballo, a Secretaría Xeral de Igualdade vén de dar luz verde a esta iniciativa que será financiada integramente con fondos dos orzamentos xerais do Estado (PXE) procedentes do Ministerio de Igualdade.

En consecuencia, os alumnos/as do CEIP Manuel Bermúdez Couso, poderán optar, unha ver rematadas as clases, a un amplo abano de actividades para complementar e mellorar a súa formación, permitido ao tempo unha conciliación real e efectiva que inflúa positivamente tanto nas familias coma nos propios nenos e nenas do colexio.

“Próximamente avanzaremos mis detalles sobre este novo servizo de marcado carácter social desarrollando políticas de igualdade que axudarán á conciliación e que en consecuencia terán tamén un profundo impacto na igualdade de xénero, facilitando un reparto equitativo das cargas domésticas influíndo, así mesmo, na calidade de servizos achegando ao rural tantos ou máis servizos que nunha cidade e con una oferta educativa variada e completa que repercuta positivamente na educación e formación dos nosos nenos e nenas”, tal e como se indica dende os Concellos de Trives e San Xoán de Río.

Artigos relacionados

Back to top button