CulturaCulturaÚltima hora

Trives estreará en breve un Auditorio Julio Vázquez renovado

 

O Concello de Trives vén de acometer unha importante reforma no Auditorio Xulio Vázquez que se estreará nas vindeiras datas que suporá, “non só a modernización das instalacións, senón tamén un importante aforro de custos para as distintas actuacións. Vimos de modernizar o noso auditorio instalando unha cámara negra, cun conxunto de cortinaxes inífugas blackout opacas que permiten delimitar e aforar a escena, ocultando da vista do espectador todos os elementos que estean fóra dela e escurencendo o escenario, para absorber a luz e evitar reflexos que deslucían as actuacións”, tal e como se explica dende esta administración local.

Tamén se procedía a instalar unha barra transversal suspendida do teito “na que se colocaron distintos focos profesionais, mudando por tanto tamén toda a iluminación do escenario, o que permite locacións escénicas concretas, distintas cores para concertos, teatro… E, por último instalamos un novo equipo de son, con unha mesa de mezclas, novos micros e altavoces cun equipo de sonido de calidade profesional”, segundo o Concello.

Así mesmo, explican dende esta administración local que, “ata o de agora, atopámonos con que o custo de moitos grupos e actuacións se incrementaba porque o Concello non dispoñía de equipos adecuados, obrigrándonos a alugar os mesmos, cuns custos que en ocasións, permitirían e permitirán duplicar actuacións. Por este motivo e polo nulo funcionamento dos anteriores equipos (o equipo de son, por exemplo, tiña máis de 25 años) apostamos por esta reforma integral absolutamente necesaria xa que o noso é ademàis o único auditorio existente en toda a comarca”.

Para o grupo de goberno local supón “unha satisfacción poder pechar este ano con esta obra na que a Xunta aportou tamén unha parte económica que, aínda que en importe moito menor que a inversión feita polo Concello, entendimos que o esforzó económico paga a pena polo aforro e investimento que supón e que esperamos todos os triveses e trivesas o disfruten como merecen”.

Artigos relacionados

Back to top button