ConcellosTrivesÚltima hora

Trives pedirá axudas para prestar servizos de atención temperá

De cara a lograr esta subvención, o grupo de goberno trivés pide o apoio de concellos limítrofes

Exterior do Concello da Pobra de Trives./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

O grupo de goberno do Concello de Trives vén de facer pública a súa intención de concurrir á liña de subvencións para a prestación de servizos de atención temperá financiada polo FSE (Fondo Social Europeo). “Trátase dun servizo interdisciplinar integrado por profesionais de distintos graos: Pedagoxía, Psocopedagoxía, Logopeda, Psicoloxía, Educación social, Traballo social, Maxisterio, Enfermaría, Terapia ocupacional, Fisioterapia e Medicina pediátrica, que deberá estar especializado en desenvolvemento infantil é ou apoio familiar”.

Ademais, o goberno local trivés indica que, sendo conscientes “do beneficioso deste importante servizo enfocado aos menores e ás súas familias e conscientes da situación que vivimos no rural de falta de especialistas na materia, é por elo polo que entendemos que se trata dun importante servizo para que no rural contemos coas mesmas coberturas que en outros lugares”.

Por iso, e tras analizar as bases e requisitos da subvención, “para garantir o éxito no resultado e que sexa concedida é preciso contar con un grupo de Concellos que apoien esta iniciativa (6 concellos). Considerando que Trives é o municiplo de toda a contorna onde se agrupa maior número de poboación infantil (á que se dirixe o servizo) e que ademáis suporía un importante complemento, reforzo e pulo no escaso servizo de pediatría que está fixado aquí, é por elo polo que facemos un chamamento público aos concellos limítrofes e a aqueles que teñen o mesmo servizo de pediatría para que se sumen a esta iniciativa e podamos así velar polo dereito dunha cobertura sanitaria de calidade para os cativos e cativas de todos os concellos que teñan a ben sumar esforzos con nós”, din dende o grupo de goberno trivés.

Artigos relacionados

Back to top button