ConcellosTrivesÚltima hora

Trives presenta a programación do Entroido

Foto: Carlos G. Hervella.

 

Máis dunha ducia de folións participarán o domingo 12 de febreiro no encontro que promove a Asociación Os Labregos e que abrirá o programa de actos do Entroido de Trives. O desfile comezará ás 15h. dende a Finca da Barreira, recuperando o seu percorrido habitual ata a praza do Reloxo.

Tamén para a tarde do domingo 12 programouse dende o Concello de Trives a actuación da orquestra París de Noia, dende as 20.00 horas na Rúa San Martín. O sábado 18 de febreiro está previsto o concerto do grupo Malenne. Ao remate da actuación ofrecerase a Discomóbil Cholate, na Praza do Reloxo.

Para os nenos organizouse o Entroido infantil o luns 20 de febreiro, a partir das 16.30 horas. Haberá unha chocolatada e discomóbil infantil, ademais de animación con pompas na Praza do Reloxo.
O martes 21 de febreiro terá lugar unha batucada, a partir das 16.15 horas, co grupo Tabaleiros da Istoria polas rúas de Pobra de Trives. O desfile de Entroido comezará unha hora máis tarde, ás 17.15 horas, con comparsas, carrozas e folións. Haberá unha entrega de premios.

Artigos relacionados

Back to top button