ConcellosTrivesÚltima hora

Trives programa unha decena de actividades en dúas semanas de Nadal

 

Unha decena de actos programou o Concello da Pobra de Trives para as próximas dúas semanas de Nadal. Do 22 de decembro ao 6 de xaneiro haberá propostas para todos os públicos e para todos os gustos. A iluminación, instalada nas últimas semanas, “leva a ilusión non só a todos os recunchos da vila, senón tamén aos pobos”, aseguran dende o Concello, adiantando que, como novidade, veciños veciñas e visitantes poderán achegarse a un fermoso poboado de Nadal e a unha caseta onde se levará a cabo a recepción de Papá Noel.

A Noitevella celebrarase por adiantado na rúa San Martín e o teatro, a música, a visita do Pandigueiro, unha gala benéfica e a proxección do documental “A Espada de Mourás” completan a programación.

 

 

PROGRAMA

  • 22 de decembro: Concerto de Nadal da Escola Municipal de Música. Auditorio Xulio Vázquez, 19:30 horas.
  • 23 de decembro. Teatro “Palabras”. Auditorio Xulio Vázquez, 17 horas.
                                    Gala Solidaria. Espectáculo de luz e son no Concello, 19 horas.
  • 24 de decembro. Papá Noel. Papanoelada moteira. Praza do Pilón. 19 horas.
  • 26 de decembro. Proxección do documental “A Espada de Mouruás” no Auditorio, 20 horas.
  • 27 de decembro. O Pandigueiro no Auditorio, 17 horas.
  • 29 de decembro. Excursión a Pazolandia previa inscrición.
  • 30 de decembro. Festa pre Fin de Ano dende as 19:30 horas na rúa San Martiño.
  • 5 de xaneiro. Cabalgata de Reis, 19 horas.
  • 6 de xaneiro. Concerto de Reis do Orfeón Trivés, 18 horas.

 

Artigos relacionados

Back to top button