Despois de que as malas condicións meteorolóxicas do pasado Xoves Santo obrigasen á organización a ter que suspender as actuacións da Festa da Xuventude de Trives, esta cita retómase en abril. E xa ten data. Está prevista para o venres día 13 e desta volta non será nunha carpa, senón no interior do pavillón municipal.
O programa comezará ás 21:30h. cunha gran pancetada e proseguirá cunha verbena da man da orquestra Solara e da Disco Móbil Stuu. Esta Festa da Xuventude está sendo organizada por tres mozos triveses.