ConcellosTrivesÚltima hora

Trives viste o edificio do Concello de violeta polo 8M

 

Na pasada noite a Casa Consistorial do Concello da Pobra de Trives iluminábase e adornábase coa cor feminista con motivo da celebración do Día Internacional da Muller, o 8 de mazo. Así, ademais da luz violeta, tamén se colocaba no balcón superior da Casa do Concello unha pancarta co lema “Por unha igualdade real”, mentres que o balcón inferior cubríase de paraugas de cor violeta.

Dende o Concello, “por primeira vez paritario, gobernado por unha muller e con unha concellería de igualdade”, veñen de remitir á cidadanía un “manifesto cheo de contido”, incidindo, entre outras cuestións en que “o feminismo non é, ou non é só, un sentimiento: é práctica política e de vida.
O feminismo por definición non admite representación: é movemento, axenda e discurso. Precisa de lectura, de reflexión individual e sobre todo, colectiva. O feminismo é xa hoxe, un xeito de estar no mundo”.

Foto: Concello de Trives.

Artigos relacionados

Back to top button