As mulleres no comcercio local son as grandes protagonistas da campaña posta en marcha polo Concello da Rúa para conmemorar este ano o Día Inernacional da Muller Traballadora.
Unha campaña que terá o acto central mañá coa I Gala Corona González na que homenaxearán a catro mulleres xubiladas que tiveron os seus comercios na Rúa pero que inclúe moitas máis accións. Unha delas era a posta en marcha dunha páxina web específica deste día centrada en 12 mulleres que rexentan distintos negocios hoxe en activo na Rúa; e tamén a concentración e lectura de manifestos que tiñan lugar na mañá deste venres 8 de marzo na praza do Concello.
Á parte do manifesto institucional, un grupo de rapaces do CEIP Manuel Respino eran os encargados de dar lectura ao texto escrito dende o propio centro, acompañados pola alcaldesa María G. Albert e resto da corporación municipal.
Malia a chuvia, a maiores dos nenos había moitos veciños e veciñas da Rúa no acto no que se repartía material conmemorativo do 8M como mochilas moradas.
Ademais, ás 21 horas De Ste Xeito Producións presentará no Centro Cultural Avenida, a comedia violeta Feminíssimas. Unha creación teatral con altas doses de humor, ironía e complicidade para poñer a amizade a proba e mentras analizamos, dende a comedia, de que maneira as mulleres estamos a convivir neste novo mundo feminista no que nos atopamos mergulladas
Fotos e vídeos: Carlos G. Hervella.