En portadaÚltima horaVídeos

O Barco conmemora o Día Internacional da Muller con cine, manifestos, poesía e música

 

“Este 8 de marzo o Concello do Barco de Valdeorras sumámonos á xornada de reivindicación e loita do Día Internacional das Mulleres e manifestamos o noso firme compromiso coa igualdade como unha cuestión de calidade democrática, traballando na consolidación dos avances da nosa sociedade en materia de igualdade e nun horizonte máis feminista e xusto. É momento para o cambio”. Coa lectura do manifesto institucional por parte da concelleira Diana Urdangaray, poñíase o broche á conmemoración do 8M no Barco.

 

 

Unha celebración que incluía un ciclo de cine coa muller como protagonista e un acto que tiña lugar na mañá deste mércores no pavillón vello en lugar da praza do Concello por mor da chuvia. O acto era presentado polo concelleiro de Servizo Sociais do Barco Orlando Saavedra e contaba coa lectura dos manifestos elaborados polos tres centros de Secundaria da vila: IES Lauro Olmo, CPI Divina Pastora e IES Martaguisela que escollía un verso de creación propia.

 

 

O apartado musical do acto, ao que se sumaba Cruz Vermella Valdeorras cunha mesa informativa, corría por conta dun grupo de alumnos do Conservatorio do Barco que interpretaban tres fermosas cancións: Forever Young, Imagine e Everybody Hurts.

Fotos e vídeo: Mónica G. Bellver

Artigos relacionados

Back to top button