EconomíaEconomíaÚltima hora

Túnel do viño e xantar na VIII Festa do Botelo do Barco na Coruña que reunía a máis de 300 persoas

 

A gastronomía valdeorresa chegou e venceu á beira do Atlántico na VIII edición da Festa do Botelo na Coruña celebrada este sábado 11 de febreiro no Hotel Finisterre.

Organizada polo Concello do Barco coa colaboración de José Ángel Rodríguez, á degustación de botelo sumouse este ano un túnel de cata organizado pola Ruta do Viño de Valdeorras e dirixido polos sumilleres Luis e Alejandro Paadín. Neste túnel, os comensais puideron probar ata corenta referencias diferentes de viños valdeorreses incluídas algunhas añadas históricas coas que se amosou a potencialidade de envellecemento dos viños da comarca.

As adegas da ruta presentes na cata foron: Joaquín Rebolledo, D´Berna, Pago de los Capellanes, Viña Corzo, Adega da Pinguela, Quinta da Peza, Terriña, O Cepado, Virgen del Galir, Carballal, Santa Marta, Godeval, A Coroa, Roandi, O Casal, Alán de Val e Adega Melillas.

 

 

Unha vez no restaurante a cita convocou a máis de trescentas persoas que desfrutaron dun menú composto de empanada de maravallas, sopa e botelo con patacas e repolo.

Moitos dos asistentes tiñan vínculos coa comarca pero tamén os había que descubriran esta festa nalgunha das edicións previas á pandemia. A concelleira de Cultura do Barco, Margarida Pizcueta, foi a representante comarcal no evento, acompañada polo presidente e a secretaria da Ruta do Viño de Valdeorras, Joaquín Sánchez e Araceli Fernández.

O evento, que rematou con música en directo e baile.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button