ConcellosÚltima hora

Túnel do Viño no Barco, nas XI Portas Abertas da Ruta do Viño de Valdeorras

 

A praza Maior do Barco convertíase ao longo do sábado en escenario dun Túnel do Viño de Valdeorras, que se desenvolvía en horario de 12h. a 14:30h. e de 19h. a 21:30h. Esta iniciativa incluíase dentro do intenso programa de actos das XI Xornadas de Portas Abertas da Ruta do Viño de Valdeorras, que se celebran nesta fin de semana na comarca.

 

 

Neste Túnel do Viño podía degustarse unha ampla selección dos viños das adegas participantes nas xornadas. O túnel estaba atendido por camareiros e contará coas explicacións dun especialista en viños. Esta velada amenizábase, xa pola noite, coa actuación do grupo Carta de Axuste.

Fotos: Carlos G. Hervella.

 

Artigos relacionados

Back to top button