SanidadeÚltima hora

UGT: “Mantemos que o problema do Hospital de Valdeorras é estrutural”

A sección deste sindicato no Hospital do Barco vén de emitir un comunicado valorando a visita do conselleiro de Sanidade a este centro

 

Dende a sección sindical de UGT do Hospital Público de Valdeorras (HPV) vén de emitirse este 25 de xaneiro un comunicado en resposta ás declaracións realizadas polo conselleiro de Sanidade na visita que facía o pasado 21 de xaneiro a este centro hospitalario barquense. UGT asegura que “non cabe dúbida de que o conselleiro vende unha e outra vez a mesma solución para a sanidade no noso Distrito”, e apunta que “o problema de Traumatoloxía vén de longo xa. Incluso cando había 2 profesionais no HPV. Que se agrava cando un de eles esta de baixa e posteriormente se xubila. Todo isto xa estaba pasando dende 2020, pois xa viñan a facer gardas dende Ourense, e tamén consultas. Non e ata novembro de 2021 que se empezan a buscar solucións, recordar que a Xunta de Persoal empeza as concentracións a primeiros de outubro”.

Ademais este sindicato que considera que “a solución buscada pola Consellería “resolve” o problema dunha forma moi, pero que moi precaria, xa que depende da vontade dos profesionais que veñen a prestar os servizo o HPV. É moita casualidade que precisamente cando vén o Conselleiro, ese mesmo día, e cando a tódolos pacientes que esperan para a primeira cita se lles chame par a darlles data de consulta”.

Así mesmo, UGT insiste en que o problema do Hospital de Valdeorras é “estrutural, como demostra que boa parte dos servizos non teñan o cadro de persoal completo, como: Radioloxía, Anestesioloxía, Dermatoloxía, Cardioloxía, Cirurxía, Urxencias, Uroloxía, Pediatría, Medicina do Traballo e Medicina Interna. Este último merece un pouco mais de análise; este servizo contaba con 10 profesionais, na
actualidade ten 7, no próximo mes de febreiro, xubílase un, polo que previsiblemente queden 6. A maiores está sen cubrir a Xefatura de Sección. De momento veñen a cubrir algunhas gardas dende Ourense, pero non a actividade ordinaria de luns a sábado, o que esta a provocar, como non, listas de espera para consultas”.

O sindicato tamén sinala que “tiñamos un cardiólogo permanente no HPV dende fai décadas e foi a Consellería quen non cubriu a praza cando se foi o cardiólogo. Pasa o mesmo con Hospitalización a Domicilio, que o que fixeron é recuperala, despois de que a suprimiran”.

Finalmente, UGT asegura que os investimentos que “agora se licitan levan anos prometidos, será casualidade, ou non, pero estas por fin se licitan no mes de decembro de 2021”. E incide e que “estase a ver claramente que só se toman iniciativas cando os cidadáns do Distrito Sanitario de Valdeorras saen á rúa a demandar mellor asistencia sanitaria para todos eles, porque dende o 2010 tempo tiveron de non deixar de facer investimentos humanos e materiais no Distrito”.

Artigos relacionados

Back to top button