ConcellosLazaÚltima hora

Última etapa da peregrinación artística “Latexos do Rural no Camiño” o sábado 26 de xuño en Laza

O estilista e modisto vianés Jorge Álvarez deseñou unha colección específica para este proxecto dirixido por Rubén Riós

 

A arte e a creatividade consagráronse como “unha vacina para o hastío e o malestar provocado pola pandemia mundial que sufrimos durante este último ano e medio”. Sen dúbida, as manifestacións artísticas de diferentes disciplinas foron estímulo, salvagarda e compaña durante estes meses e mostra diso, foi a boa acollida da peregrinación artística “Latexos do Rural no Camiño”, dirixida polo actor e director Rubén Riós.

“Nuns lugares onde apenas suman un milleiro de habitantes como A Mezquita, Riós ou A Gudiña, esta iniciativa conseguiu mobilizar e reunir a preto de 1.000 visitantes entre as tres etapas celebradas durante os sábados do mes de xuño”, aseguran dende a organización, avanzando que este sábado 26 de xuño, terá lugar a última etapa desta peregrinación artística no concello de Laza.

A partir das 11h. abriranse as portas do Salón de Actos do Concello de Laza e do Forno da Picota. No vestíbulo do Salón de Actos haberá unha exposición fotográfica asinada por Ramón Fernández, mentres que o Forno da Picota amencerá vestido das pinturas exclusivas creadas para esta edición da acuarelista Paulinha D´Arzoá.

 

O estilista e modisto vianés, Jorge Álvarez cos modelos para este proxecto.

 

A partir das 12h. no Salón de Actos, a lazana Carmen Rivero recitará os seus poemas acompañada de Paulinha D´Arzoá, que realizará unha performance en la que realizará unha interpretación de pintura dos versos da poeta lazana. As portas do Edificio estarán abertas ata as 14 horas.

Pola tarde, as actividades comezarán de novo a partir das 18 horas (unha hora antes na Igrexa de San Xoán de Laza, terá lugar unha homenaxe á primeira peliqueira lazana, Benita Canteira, que contará coa presenza do director Rubén Riós). Posteriormente, a partir das 18:15h, o Salón de Actos abrirá de novo as súas portas cunha peza teatral inédita interpretada por Santi Cañavera.

Para rematar, as actividades trasladaranse ata o exterior, na praza da Picota, onde terá lugar un concerto en formato dúo e trío do alumnado do Conservatorio Profesional de Música de Verín. E xa a partir das 20:15h o estilista Jorge de Álvarez presentará a súa colección exclusiva inspirada na relixión e o Camiño de Santiago cun novidoso desfile de moda.

Ás 21h. pecharanse as portas por última vez nesta primeira edición de “Latexos do Rural no Camiño”.

Fotos: Estela Barone.

Artigos relacionados

Back to top button