OurenseÚltima hora

Ultimando preparativos para o I Trail de Allariz que se celebrará o 25 de setembro

A proba contará con dúas distancias: media maratón con saída ás 9 horas; e de 13 km con saída ás 9:30 horas

Presentación da proba.

 

O vindeiro domingo 25 de setembro celebrarase o I Trail de Allariz. Unha cita organizada polo Concello na que haberá dúas distancias: un percorrido de media maratón que terá saída ás 9 horas; e outra distancia curta, de 13 km, con saída ás 9:30 horas dende o Campo de Vilanova, xunto ás Piscinas Municipais. Todas as persoas participantes deberán pasar polo control de dorsais antes de iniciar a proba.

As inscricións poden realizarse ata este mércores 21 de setembro a media noite cun custo de 17 euros. Os dorsais poderán recollerse o xoves 22 e o venres 23 de setembro entre as 15 e as 20 horas ou o sábado 24 en horario de mañá, desde as 9 ata as 13:30 horas, na piscina municipal de Allariz, así como o propio día da proba unha hora antes da saída, tal como explicaron os técnicos responsables da área municipal de Deportes, Roberto e Javi.

Durante a presentación da proba, Bernardo Varela, tenente de alcalde e concelleiro de Medio Ambiente, resaltaba “a importancia desta nova proba en Allariz, xa que este evento percorrerá parte da Reserva da Biosfera Área de Allariz, así como parte do Camiño de Santiago que pasa polo Concello. Todas as persoas que se acheguen a participar gozarán dun escenario natural inmellorable”.

Máis información sobre a proba na páxina: www.allariz.gal/traildeallariz/

 

Artigos relacionados

Back to top button