ConcellosO BoloÚltima hora

Ultímanse os preparativos para o I Torneo de Orientación Concello de O Bolo

O sábado 20 de marzo celebrarase a 2ª proba da Liga Galega a Pé e o domingo 21, a 1ª proba da Liga Galega MTB

 

O Bolo estase preparando para unha fin de semana de orientación a nivel galego. Por primeira vez, este concello valdeorrés acollerá un trofeo deste deporte en dúas modalidades: a pé e en bicicleta de montaña.

Na xornada do sábado 20 de marzo disputarase sobre o mapa “O Serro-A Mourela”  a segunda proba da XXX Liga Galega de Orientación a Pé. Unha carreira de distancia longa (non tanto polas distancias (5 km), senón polo desnivel acumulado) que comezará ás 10:30h. A presaída (a 3 minutos da saída) estará a uns 500 metros do centro de competición (pavillón municipal) e nela haberá control de temperatura e medidas sanitarias.

 

 

E xa na xornada do domingo 21 de marzo será a quenda para a primeira proba da Liga Galega de MTB-O 2021, sobre 5 km e desniveis elevados do mapa “O Serro-A Fraga dos Ladrois”. A saída das carreira en bicicleta de montaña será ás 11 horas.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button