DeportesGalerías de fotosÚltima hora

Últimas horas para anotarse na Carreira das Cidades Contra o Cancro de Páncreas de Vilamartín que conta xa con preto de 1.100 inscritos

Quen desexe participar nesta proba solidaria aínda poderá inscribirse mañá a partir das 8:30h. no pavillón de O Bañadoiro

 

A conta atrás para a Carreira das Cidades contra o Cancro de Páncreas de Vilamartín xa comezou. Apenas quendan 15 horas para que comece a segunda edición desta proba solidaria cuxo obxectivo é “ganarlle ao cancro de páncreas” na que xa hai preto de 1.100 incritos nas catro modalidades (carreira e andaina pro,12 km; andaina light, 4,5 km; e BTT, 32 km), sendo as andainas as de maior número de participantes.

Ao peche das inscricións tanto online como presenciais, contaban con 56 participantes en BTT, 88 na carreira e o resto nas dúas andainas (curta e longa). Así o adiantaban dende a organización, durante a entrega de dorsais e mochilas (con camiseta e resto de material) que tiña lugar na xornada de hoxe, sábado 23 de novembro, no pavillón de O Bañadoiro, en Vilamartín. Nese mesmo punto, quen aínda non esté anotado e queira participar poderá facelo mañá 24 de novembro (día da proba), a partir das oito e media da mañá.  A fila 0, é dicir, as donacións daqueles que non poden participar na carreira pero queren colaborar, estará aberta ata finais de mes.

E xa a partir das 10 horas, dende o mesmo pavillón polideportivo, darase a saída para as andainas e a carreira en bicicleta de montaña. A carreira sairá media hora máis tarde.

“O importe íntegro das inscricións será doado á Asociación ACANPAN (Asociación Cancro de Páncreas) para destinalo ao financiamento das becas Carmen Delgado/ Miguel-Mateo dedicadas a estudos relacionados coa investigación na diagnose e/ou tratamento do adenocarcinoma de páncreas”, tal e como indica a organización.

Fotos: Mónica G. Bellver

Artigos relacionados

Back to top button