EconomíaEconomíaÚltima hora

Últimas prazas para o I Curso de Introducción á Cultura da Cervexa, que se celebra o 5 e o 12 de abril na Uned A Rúa

 

A Aula Uned da Rúa organiza o I Curso de Introdución á Cultura da Cervexa que ten curso ten como finalidade dar a entender o proceso produtivo da cervexa, desde as materias primas á cata, pasando pola elaboración e o envasado, tratando todos os aspectos relacionados con esta bebida.

Orientado tanto a profesionais do sector da hostalería e restauración, como ao público en xeral que mostre interese en coñecer as variedades da cervexa, a súa elaboración, etc. ou en velo como unha idea de negocio, o curso será impartido por David Esmerodes, Anfitrión Certificado en Cervexa con ampla experiencia no estudo das variedades de cervexa e os seus aspectos máis diferenciais. E Máster en Dirección Comercial e Marketing, o que destaca na súa ampla carreira laboral no mundo comercial cervexeiro.

 

 

Dado que non é algo moi coñecido, nunha primeira sesión explicaranse os distintos niveis de experto en cervexa e como alcanzalos, para coñecer as vías que existen para os que queiran chegar a ser experto e adquirir formación específica para selo. Tamén o seu proceso de elaboración, as súas materias primas e os métodos que existen para clasificar cervexas. Terminará a xornada explicando as principais escolas cervexeiras e unha cata das mesmas. Para aplicar os coñecementos adquiridos e ver sobre todo, os aspectos máis diferenciais.

A segunda sesión máis práctica, está orientada ás boas prácticas no almacenamento, no seu envasado, e o perfecto servizo dunha cervexa. As súas calidades e como tratala para que se atope en perfecto estado. Detalles nos que incidir para realizar unha boa cata de cervexa e unha maridaxe con cervexa, explicando que parámetros técnicos hai que valorar. Como peche do curso unha cata final das distintas tipoloxías de cervexa da gama “Estrela Galicia”.

O curso celebrarase os días 5 e 12 de abril , en horario de 16 a 21, na aula Uned da Rúa. Máis información: https://extension.uned.es/actividad/idactividad/35023

Artigos relacionados

Back to top button