Andainas-Trails-OrientaciónDeportesÚltima hora

Últimos días para inscribirse na 14ª andaina noctura “Os Mouchos”, no Barco

Participantes na anterior edición da andaina./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

O vindeiro 28 de xullo a partir das 22:30h. porase en marcha a 14ª Andaina nocturna Os Mouchos no Barco. O punto de partida será o Parque do Malecón. Terá un percorrido curto, arredor duns 7 km, cun desnivel positivo de 230 m. pola zona de Xagoaza e O Castro.

As inscricións son de balde, pero é preciso anotarse para poder participar. Poden realizarse ata o 27 de xullo de forma online en www.clubtrevincabarco.org. E, de forma excepcional ,poderase realizar de forma presencial os días 19, 21 e 26 de Julio na oficina de Mapfre San Mauro desde as 18:00 ás 20:00.

Dende a organzación, lembran que é preciso levar “chaleco de seguridade, frontal e vaso ou recipiente para o que queira beber líquido no avituallamiento a metade do percorrido. Será só líquido. Non se daran botellas de auga nin vasos de plástico”.

 

Artigos relacionados

Back to top button