PolíticaÚltima hora

Un 30% dos candidatos do PP ás alcaldías da provincia de Ourense serán caras novas

Así o adiantaba o presidente do PP de Ourense, Manuel Baltar, na xunta directiva do partido celebrada esta tarde

 

O presidente provincial do Partido Popular de Ourense, Manuel Baltar, presidía esta tarde a primeira xunta directiva do partido deste 2023, “un ano de eleccións municipais e para que o PPdeOU ten a maquinaria perfectamente engraxada para obter uns resultados históricos o 28 de maio”, resaltou Manuel Baltar.

A xuntanza celebrouse na sede provincial do Partido Popular de Ourense, coa presenza, entre outros, do presidente provincial do PP de A Coruña, Diego Calvo, e a ourensá Natalia Prieto.

Na súa intervención, Manuel Baltar avanzou que a porcentaxe de renovación dos candidatos populares sitúase arredor do 30%. “Aos cabezas de lista iremos facéndoas públicas dun xeito progresivo, dentro da estratexia do PPdeOU. Serán 92 candidaturas moi potentes, sempre con programas adaptados a cada unha das realidades locais e cun programa electoral provincial, que será o Plan de Mandato da nosa provincia para os próximos catro anos”.

Artigos relacionados

Back to top button